La cata arqueológica descubre un nuevo petroglifo en Salcedo

O achado pon en perigo o proxecto de construción dun campo de fútbol previsto ao lado do CEIP Cabanas e o pavillón deportivo
Os arqueólogos traballando no sondeo arqueolóxico no que tivo lugar o achado
photo_camera Os arqueólogos traballando no sondeo arqueolóxico no que tivo lugar o achado

Os traballos arqueolóxicos que o Concello desenvolve nos terreos escollidos para construir o campo de fútbol de Salcedo, no lugar de Cabanas, acaban de descubrir un novo petróglifo na zona. Trátase dunha combinación de círculos concéntricos (son tres cunha pequena coviña) e a poucos metros unha coviña illada.

Deste xeito, mentres non rematen os traballos dos arqueólogos, "non se poderá tomar unha decisión sobre como afecta este achado ao proxecto do campo de fútbol", afirma a Administración local. Despois de limpar toda a superficie de afloramente deste petróglifo sen que aparecese ningún achado novo, agora estanse a facer catas mecánicas para complementar a intervención e detectar a posible presenza doutros restos vinculados a este petróglifo, como cerámica, por exemplo.

Está previsto que ao longo da xornada de este mércores rematen os traballos sobre o terreo, no que tamén se fará un levantamento topográfico do achado. Así mesmo, levarase a cabo o traballo de documentación.

O Concello lembra que nesta zona está catalogado un petrógiflo coñecido como Do Cruceiro/Monte do Castro, que está fóra dos terreos elixidos para construir o campo de fútbol. "No caso de que apareceran gravados rupestres ou restos arqueolóxicos de intereses será Patrimonio da Xunta quen determine as medidas de conservación que se adoptarán", apuntara o Concello a semana pasada. As parcelas afectadas, que suman 14.500 metros cuadrados, pertencen a 26 donos.

Comentarios