"Os catro anos de oposición seria vanse traducir en votos"

Xosé Magariños é candidato do BNG na Estrada

Xosé Magariños. PATRICIA FIGUEIRAS
photo_camera Xosé Magariños. PATRICIA FIGUEIRAS

En 2015 o BNG quedou relegado ó cuarto posto, cun edil. Que perspectivas teñen de cara o 26M?
Estamos recuperando a confianza do electorado. Levamos catro anos de oposición seria e responsable e cremos que iso vai ter unha tradución en votos. Temos un proxecto para A Estrada porque facemos unha análise da situación e a partir del, elaboramos propostas. Hai unha importante renovación do equipo, pero somos xente con experiencia política e profesional.

Que proxecto ofrece?
É prioritaria unha política de recuperación económica dos tecidos produtivos principais, nomeadamente o agro e o pequeno comercio. Temos a sorte de que o sector industrial e da madeira é capaz de funcionar sen o apoio do Goberno, pero este si debe poñer en funcionamento as zonas industriais, especialmente a Cidade do Moble. Por outra banda, é necesaria a posta en valor dos nosos recursos patrimoniais e ambientais.

Pregunteillo tamén ós outros grupos da oposición: está aberto a pactos?
O que non imos é consentir que siga gobernando o PP, pero dos pactos falaremos unha vez saian os resultados.

Comentarios