Catro empresas especializadas optan á reforma dos Baños de San Xusto

As obras, que promove o Concello de Cotobade, contan cun orzamento de 686.000 euros
Situación actual dos baños de San Xusto. DP
photo_camera Situación actual dos baños de San Xusto. DP

O proceso de adxudicación das obras que se van a realizar no marco da rehabilitación dos Baños de San Xusto continúa tras finalizar o concurso para empresas, que tivo unha duración de vinte días naturales.

Foron catro as ofertas recibidas por parte de empresas especializadas en materia de rehabilitación e restauración de elementos patrimoniales. Acontecido esto, o próximo martes terá lugar a primeira mesa de contratación do proxecto, na que se abrirá a memoria técnica. As empresas deberán presentar a súa oferta económica o 5 de setembro, tendo en conta que se dispón dun orzamento de 686.000 euros para a recuperación dun espazo moi importante para a historia e o patrimonio do Concello de Cerdedo-Cotobade.

O proxecto consiste na rehabilitación da antiga minicentral, os edicificios e as bañeiras pertencentes aos Baños de San Xusto, ademáis da recuperación dos muíños e doutros elementos patrimoniais e etnográficos da contorna. Desta forma, recuperaránse as augas termais e poderá abrirse un balneario para o uso de augas sufurofluoradas. As obras nos muíños permitirán convertilos en saunas e as edificacións anexas pasarán a convertirse en servizos de hostalaría. Tamén se contará con espazos de lecer e melloras de acceso e urbanización da zona.

ACTUACIÓN

As obras contarán de tres fases para realizar un "proxecto moi completo e moi ben deseñado que vai servir para poñer en valor esta emblemática zona, recuperar o noso pasado e contar cun novo e importante atractivo turístico que vai achegar a moita xente ao noso municipio", apuntou o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela.

O proxecto vai servir para contar cun novo e importante atractivo turístico que vai achegar moita xente ao municipio

Comezará coa reordenación da zona, que implicará as bañeiras, a fonte, os accesos e a vexetación. Acometerase despois a rehabilitación da minicentral para convertela en balneario, baixo o concepto de ruína e a transparencia do edificio. Finalizarase o proceso coa restauración da casa do muiñeiro e os catro muíños. Todo esto pretende facer protagonista á auga cos mellores parámetros de eficiencia e sostibilidade posibles.

Comentarios