Imprimir

Os ceos abertos e néboas a primeira hora da mañá

Redacción | 24 de marzo de 2020

Mapa da previsión do tempo para este mércores.METEOGALICIA
Mapa da previsión do tempo para este mércores.METEOGALICIA

O mércores Galicia quedará nunha situación intermedia entre as baixas presións do Mediterráneo e o anticiclón dos Azores. Será un día de ceos pouco anubrados ou despexados en xeral, con bancos de néboa matinais na provincia de Lugo e brétemas costeiras que irán entrando polo litoral atlántico co avance do día.

Pola tarde en zonas de interior medrarán algunhas nubes de evolución que mesmo poden dar lugar a algún chuvasco treboento ocasional As temperaturas continuarán sen cambios ou cun lixeiro descenso. O vento soprará moi frouxo de dirección variable, con predominio da compoñente norte.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/noticias/ceos-abertos-neboas-primeira-hora-da-mana/202003242254161078921.html


© 2020 Diario de Pontevedra

Lepanto 5, Pontevedra

Tlfno: 986 011 100

(Grupo El Progreso)