O Concello de Cerdedo-Cotobade xa conta cun novo Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Lumes Forestais.
Esta actualización do plan anterior é considerada como algo "fundamental" polo alcalde, Jorge Cubela, "para defender aos nosos veciños e o noso territorio, que é especialmente sensible, como xa se viu nos últimos anos, a este problema". Neste novo documento fixanse as franxas de potección de biomasa a 50 metros dende a liña de edificabilidade e tamén das vivendas illadas. Tamén se fai fincapé nas zonas da rede viaria onde é necesario o desbroce e na limpeza da contorna das liñas electricas. Neste caso nun radio de cinco metros.
Este plan tamén recolle todas as infraestructuras necesarias para a extinción de lumes así como os lugares de recollida de auga por parte dos helicópteros, as motobombas e os cortalumes.
O Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Lumes Forestais é unha actualización do proxecto anterior
O documento tamén recolle o tempo de resposta ante un incendio, o cal é de menos de cinco minutos para o 60 por cento da superficie. No resto do territorio a espera é como máximo de dez minutos. O Concello asegura que o prazo de actuación reduciuse grazas á construción de novos depóstios de auga por parte da Xunta. O Goberno local afirma que "este almacenamento estaba recollido no anterior plan e o executivo galego atendeu as nosas demandas e cumpríu para que teñamos na actualidade un áxil tempo de resposta e poidamos reducir os efectos dos lumes".
O tempo de resposta ante un incendio oscila entre os cinco e os dez minutos
O alcalde tamén asegura que este plan "é unha ferramenta fundamental para seguir actuando, cada vez con máis contundencia, contra unha lacra que causou moito dano en Cerdedo-Cotobade e que non queremos que se repita porque pon en perigo a vida dos nosos veciños".