César Mosquera y Rodrigo Cota protagonizan una nueva 'Conversa na UVI'

Na súa cita, o colaborador do Diario e mailo seu convidado farán un percorrido polos inicios e a traxectoria política do concelleiro

Volven as Conversas na UVI á Casa das Campás e o fan cun encontro do máis interesante. O guionista e escritor Rodrigo Cota, columnista de Diario de Pontevedra, sentará co vicepresidente da Deputación Provincial e concelleiro en Pontevedra, César Mosquera, este martes ás 20 horas.

Na súa cita, o colaborador do Diario e mailo seu convidado farán un percorrido polos inicios e a traxectoria política do concelleiro. A actualidade política local e nacional centrarán parte da súa charla. Ó remate da súa conversa o público asistente terá a posibilidade de trasladarlle ó vicepresidente provincial as súas preguntas.

Organizada pola Universidade de Vigo e Diario de Pontevedra, esta iniciativa celebra en 2017 a súa terceira edición mantendo vivo o espírito co que naceu, o de "converterse nun espazo de reflexión e pensamento aberto á cidadanía en plena crise, nun momento de moito barullo e confusión", sinala o seu coordinador, Ramón Rozas.

Logo da a conversa de Rodrigo Cota, será a quenda do columnista Rafa Cabeleira, que falará co esctitor e xornalista Juan Tallón o 28 marzo. O calendario de Conversas na Uvi continuará no mes de abril cun diálogo conducido polo avogado e columnista Bernardo Sartier; en maio volven as Conversas co xornalista Serafín Alonso; en xuño coa xornalista e guionista Diana López Varela, e rematará en xullo da man do xornalista Xaime Nogueira.

Estes encontros terán lugar o último martes de cada mes na Casa das Campás ás 20 horas.

Comentarios