Imprimir

O CGAC reivindica a facultade de Belas Artes coa exposición 'Cultivando incertezas'

Europa Press | 19 de febrero de 2021

Á esquerda, pintura de Rut Massó. Á dereita, fotografía de Victoria Diehl (arriba) e instalación de Amaya González Reyes (abaixo).
A mostra, que se poderá visitar ata o 23 de maio en Compostela, pon en valor o papel que xogou o alumnado do centro pontevedrés na arte contemporánea galega

O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) presentou este xoves a exposición Cultivar incertezas. Reformular o espazo / conmocionar a mirada, queVictoria Diehl mostra unha selección de traballos plásticos realizados polo alumnado que pasou pola facultade de Belas Artes de Pontevedra ao longo da súa historia, "co que se pretende revalorizar o papel da institución na arte galega". 

A presentación da exposición, que poderá visitarse ata o 23 de maio de 2021, correu a cargo do director do CGAC, Santiago Olmo, e do comisario da exposición, Ángel Cerviño, que estiveron acompañados polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.

IMG-20210202-WA0001Para a mostra, cuxa posta en marcha se fixo coincidir co 30º aniversario do nacemento da facultade de Belas Artes de Pontevedra, seleccionáronse 30 artistas "que cobren o arco temporal de diferentes promocións, desde os licenciados nos primeiros anos de existencia do centro ata os que aínda se atopan finalizando a súa etapa formativa". 

"Esta exposición analiza a transformación da arte galega a partir dos anos 90", explicou Santiago Olmo. Con esta mostra, o espectador asiste tamén a "algo que se aproxima moito" a unha nova substitución xeracional, "con todos os cambios de modelo que iso implica". 

A exposición reúne a 30 artistas de diferentes xeracións 

"Este proxecto é unha mirada histórica, pero tamén ten unha proxección de futuro", recalcou o comisario da exposición, que subliñou a intención de «repensar» a arte galega e os artistas presentes na exposición. Para alcanzar este fin, "dividiuse o proxecto en dúas partes: a exposición en si mesma e unha plataforma multicultural e de debate". Esta segunda parte, en paralelo á exposición e coordinada por Natalia Poncela e Miguel Anxo Rodríguez, consistirá nun programa de actividades con mesas de debate, seminarios e conferencias, entre outros actos. Algunhas delas, ademais de no CGAC, terán lugar nos espazos docentes da facultade de Belas Artes de Pontevedra. Con todo, tanto Cerviño como o propio secretario xeral de Cultura recoñeceron que estiveron, e estarán, moi supeditados a situación sanitaria actual e ás restricións adoptadas para loitar contra a covid-19.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/cultura/cgac-reivindica-facultade-belas-artes/202102191450331127660.html


© 2021 Diario de Pontevedra

Lepanto 5, Pontevedra

Tlfno: 986 011 100

(Grupo El Progreso)


ç