Imprimir

Choivas intermitentes e temperaturas de ata 15 grados nesta xornada electoral

Europa Press | 10 de noviembre de 2019

As precipitacións serán máis intensas no norte das provincias de Lugo e A Coruña

Os galegos acudirán a votar este domingo, 10 de abril, nunha xornada con choivas intermitentes na maior parte da comunidade galega, con temperaturas máximas que non superarán os 15 graos. 

Así o sinalaron a Europa Press fontes de Meteogalicia, que apuntaron que Galicia quedará na influencia dos ventos de compoñente norte, que deixarán unha situación de chuvascos. 

Deste xeito, conforme sinalaron desde o departamento que depende da Consellería de Medio Ambiente, espéranse choivas de carácter intermitente intercaladas con momentos de sol. 

Estes chuvascos serán máis intensos no norte das provincias da Coruña e Lugo, onde mesmo poderán ir acompañados de saraiba. 

Pola súa banda, as mesmas fontes indicaron que as temperaturas máximas quedarán entre os 10ºC e os 15ºC. 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/galicia/choivas-intermitentes-temperaturas-ata-15-grados-nesta-xornada-electoral/201911100046511060212.html


© 2019 Diario de Pontevedra

Lepanto 5, Pontevedra

Tlfno: 986 011 100

(Grupo El Progreso)