Comezan as obras do novo campo de fútbol de herba sintética de Ponte Sampaio

O equipamento vello será derrubado para poder duplicar o espazo de praia ▶ Os traballos teñen un prazo de seis meses

Máquinas traballando na zona. CHRISTIAN FERNÁNDEZ
photo_camera Máquinas traballando na zona. CHRISTIAN FERNÁNDEZ

As obras do novo campo de fútbol de Ponte Sampaio, unha construción que vai a transformar toda a zona xa que vai a permitir derrubar o vello campo, aínda en uso, e estender o espazo de praia e lecer a beira do Verdugo, deron inicio este venres e contan cun prazo de execución de seis meses. Ata a parcela, na que xa están traballando as márquinas, achegouse o venres o concelleiro delegado da parroquia, Raimundo González, quen visitou a obra acompañado por representantes e técnicos da empresa construtora. Ediserpo é a encargada de levantar o novo campo de herba sintética, que terá "dimensións homologables" e no que "poderán xogarse dous partidos de fútbol 7 (agora 8) ao tempo", sinalou o edil. A instalación contará con dúas zonas de vestiario para árbitros e xogadores; unha grada; cantina; baños públicos e área de almacéns.

O proxecto foi adxudicado por 1.163.536 euros e a a súa oferta incluíu melloras nas instalacións e equipamentos, cinco anos de mantemento do céspede e mais o derrube do vello campo. O proxecto vai máis máis alá, pois a construción do novo campo nunha parcela de 11.000 metros cadrados de nova adquisición— vai a permitir ampliar a zona de praia do río Verdugo, ampliar os espazos verdes e de xogos infantís e mesmo crear unha pérgola deportiva multiusos e ampliar o aparcamento.

Comentarios