Os comicios á Reitoría da UVigo chaman hoxe ás urnas a 20.200 eleitores

Pachi Reigosa e Emilio Fernández aspiran a gobernar a universidade

Emilio Fernández (izquierda) y Pachi Reigosa. JAVIER CERVERA-MERCADILLO - Elecciones a rector de la UVigo
photo_camera Emilio Fernández (izquierda) y Pachi Reigosa. JAVIER CERVERA-MERCADILLO - Elecciones a rector de la UVigo

Máis de 20.000 membros da comunidade universitaria están chamados este luns ás urnas para elexir a vindeiro reitor da Universidade de Vigo, o sexto, que substituirá a Salustiano Mato, que xa esgotou os seus dous mandatos. Poderán votar entre as candidaturas que lideran o catedrático de Fisiología Vegetal Manuel, Pachi, Reigosa (Horizonte 2040) e o director do Campus do Mar, Emilio Fernández (Ideas que suman).

Entre as 10.00 e as 19.00 horas terá lugar a votación en 24 mesas distribuidas nos tres campus, cinco delas no de Pontevedra. Ademais de elixir ao reitor, os votantes tamén deberán escoller aos membros do Claustro da UVigo. O censo definitivo está composto por 20.269 persoas, das que a maior porcentaxe corresponde ao alumnado (17.849), seguido do profesorado doutor con vinculación permanente (939), o persoal de administración e servizos (768) e os docentes e persoal investigador sen vinculación permanente (713). O voto será ponderado, de modo que corresponderá un 51% ao profesorado doutor permanente, un 9% ao resto dos PDI, un 30 % ao alumnado e un 10% ao PAS.

Reigosa Roger lidera o grupo que se considera oposición a Mato, aínda que Fernández Suárez, que conta co apoio de tres antigos reitores, insiste en negar que a súa candidatura sexa continuísta.

En canto ao campus de Pontevedra, Horizonte 2040 propón como vicerreitor ao profesor de Ciencias da Educación Jorge Soto, mentres que Ideas que suman confía no docente que ocupa actualmente o cargo, Juan Manuel Corbacho.

Tamén este luns Juan Viaño e Antonio López volven disputarse catro anos despois a cadeira de brazos de reitor da Universidade de Santiago.

Comentarios