Imprimir

Plan especial de tráfico para o período de Nadal

Galiciaé | 10 de diciembre de 2019

Un corte de tráfico na contorna da Ponte dos Tirantes. ADP
Un corte de tráfico na contorna da Ponte dos Tirantes. ADP
O obxectivo é garantir a fluidez da circulación na entrada e saída da cidade, así como a seguridade no centro

O Concello de Pontevedra anunciou este martes o plan especial de tráfico previsto para o período de Nadal, concretamente entre o 21 de decembro e o 6 de xaneiro.

O obxectivo da medida é o de de garantir a mobilidade na cidade, especialmente o funcionamento do centro e a fluidez na entrada e saída da cidade, así como evitar os bloqueos polo incremento do tráfico.

Plan especial de tráfico de Pontevedra para la NavidadA concelleira de Protección Cidadá, Eva Vilaverde, asegurou na presentación que con este plan "queremos garantir que a cidade funcione coa maior normalidade posible e que as persoas que visiten Pontevedra poidan disfrutar da cidade e da súa actividade festiva e comercial con tranquilidade e seguridade".

Vilaverde explicou que este plan especial inclúe tres elementos: a información á cidadanía, a sinalización, e cortes puntuais en zonas sensibles que se realizaran unicamente no caso de que sexa preciso.

Tamén indicou que os vehículos de urxencias, servizo público en xeral e os conducidos por persoas de mobilidade reducida, quedarán á marxe dos cortes puntuais e que, en todo caso, se trata dunha medida que se manterá o tempo mínimo imprescindíbel para restablecer uns parámetros de fluidez aceptables na circulación.

O plan de tráfico opera cunha división da cidade en tres partes. A primeira está conformada polo centro da cidade, no que se espera un incremento considerable de afluencia de persoas. A concelleira fixo fincapé en se utilicen, na medida do posible, os aparcadoiros de borde, e fixo un convite a gozar das actividades que hai ao longo de toda a semana durante o período de Nadal, non só os días máis emblemáticos como o 24 e 25 de decembro ou o 5 de xaneiro, para evitar as aglomeracións.

A segunda parte da cidade estaría formado polo denominado "anel primario", que inclúe as rúas e avenidas que dan acceso ao centro da cidade: Xosé Malvar, Bos Aires, Uruguai, Corbaceiras, Manuel del Palacio, María Victoria Moreno, Estación, Eduardo Pondal e 12 de Novembro. Nesta área o obxectivo é manter a circulación en continuo movemento, a un ritmo natural pero sen bloqueos.

A terceira parte está formado polo "anel secundario", que inclúe as vías nas que se recepciona o tráfico de entrada e saída á cidade, e que funcionan a modo de circunvalación utilizando a autoestrada, a Parda, a estada de Ourense para baixar por Monte Porreiro ata a entrada da autoestrada de novo.

Neste plan tamén se identifican unha serie de zonas sensibles susceptibles de maiores aglomeracións. Estas zonas serían a Ponte das Correntes e a avenida de Uruguai, Barcelos, Eduardo Pondal e Uxío Novoneyra, Echegarai e Raíña Victoria, e a Estación do Tren, nesta última, ademais do tráfico habitual, teranse en conta os incrementos derivados do día do espectador. Neste puntos actuarase coa premisa de evitar bloqueos a través de desvíos e cortes puntuais, "sempre co obxectivo de garantir a fluidez na circulación no anel primario e nas saídas e entradas á cidade".

Os controis deste plan especial de tráfico realizaranse desde a Sala de Control da Xefatura da Policía, a través de cámaras e da sinalización directa das vías, e unicamente haberá axentes na rúa en caso de que sexan precisos cortes puntuais.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/pontevedra/concello-activa-plan-especial-trafico-nadal/201912101800401064538.html


© 2020 Diario de Pontevedra

Lepanto 5, Pontevedra

Tlfno: 986 011 100

(Grupo El Progreso)