O Concello de Bueu únese á petición da creación dunha canle Xabarín Club na TVG

O obxectivo da campaña é impulsar unha mellor difusión da programación infantil e xuvenil en galego 
Xabarín Club. ADP
photo_camera Xabarín Club. ADP

O concelleiro de normalización lingüística e mocidade de Bueu, Agustín Gallego, estivo este xoves xunto a representantes da Mesa Pola Normalización Lingüística e o alcalde da localidade, Félix Juncal, na recollida de sinaturas que realizaron en apoio á campaña para crear unha canle Xabarín Club na TVG e impulsar unha mellor difusión da programación infantil e xuvenil en galego.

"A lingua galega precisa espazos de uso, de reprodución e socialización para existir e desenvolverse", destacou Gallego. Entre as propostas se inclúe tamén que a Corporación da RTVE emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego na canle específica infantil.

Comentarios