O Concello de Moraña culmina a posta a punto de cinco viais do núcleo urbano

s tarefas contaron cun orzamento de máis de 55.000 euros

José Manuel Cores Tourís e Luisa Piñeiro, este xoves en Moraña. DP
photo_camera José Manuel Cores Tourís e Luisa Piñeiro, este xoves en Moraña. DP

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, estivo este xoves en Moraña, en compaña da alcaldesa, Luisa Piñeiro, e da xefa territorial de Presidencia, Marta Mariño, co obxectivo de comprobar o estado das obras executadas para a mellora de varias estradas a través das axudas de Infraestruturas de Uso Público. Os traballos supuxeron a repavimentación de cinco viais do núcleo urbano. As tarefas contaron cun orzamento de 55.829,22 euros, para o que a Consellería de Presidencia concedeu unha axuda de 33.500 a través desta orde.

En concreto, actuouse sobre as rúas 8, 11, Doutor Batallán, 1 e 10, que contaban cun firme bastante deteriorado, polo que se fai necesaria a actuación sobre as mesmas co fin de mellorar a seguridade viaria para o tráfico rodado e seguridade para os viandantes.

Tanto Cores Tourís como a rexedora lembraron que durante os últimos anos foron levándose a cabo diversas obras no centro da vila, co fin de mellorar a accesibilidade peonil e modernizar o entorno urbano. Ademais, executáronse novas beirarrúas, creouse unha praza ao lado do edificio do Concello con zonas de aparcadoiro e marquesiña de autobuses e instaláronse novos semáforos.

Comentarios