O Concello de Poio abre o prazo de inscrición para as actividades de verán

O CEIP Isidora Riestra acollerá o Campa Verán 2018, mentres que o Centro Xaime Illa contará co Raxó Verán

O Concello e Poio, a través da súa Concellería de Deportes, informa de que o vindeiro 21 de maio se abrirá o prazo de inscrición para o Campa Verán 2018, unha actividade dirixida a nenos e nenas de entre tres e doce anos que terá lugar durante os meses de xullo e agosto nas instalacións do CEIP Isidora Riestra e no Complexo Deportivo Miguel Anxo Pazos.

A Concellería dirixida Marga Caldas apostou este ano por un horario de 8.30 a 14.30 horas, con posibilidade de ampliar o mesmo. As cotas fixadas serán por cada quenda de quince días, e contemplan descontos a partir do segundo fillo inscrito, así como para os empadroados no concello de Poio.

Como é habitual, os interesados deberán presentar as solicitudes de inscrición no Rexistro do Concello, acompañadas da documentación requirida, antes do 15 de xuño.

Para máis información sobre as prazas ou as condicións de participación, os interesados poden dirixirse ao correo electrónico [email protected] ou chamar aos teléfonos 986770001 (1214) en horario de mañá e 698146008 en horario de tarde.

Ademais, o 1 de xuño abrirase a inscrición para o Raxó Verán, actividade promovida pola Concellería de Educación dentro do programa Educándonos, que será no Centro Cultural Xaime Illa en horario de 9 a 14 horas.

Comentarios