O Concello recibe nove ofertas para executar o parque infantil de Médico Ballina

O proxecto ten un prezo de licitación de 175.000 euros e un prazo de execución de 3 meses

Fotomontaje del proyecto inicial del parque infantil de Médico Ballina. CONCELLO
photo_camera Fotomontaje del proyecto inicial del parque infantil de Médico Ballina. CONCELLO

A mesa de contratación do Concello de Pontevedra recibiu nove ofertas para executar o novo parque infantil de Médico Ballina, que ten un prezo de licitación de 175.000 euros e un prazo de execución de 3 meses.

As empresas que presentaron ofertas son, segundo informou este mércores o Concello, Bricantel España S.L., Construcciones Cernadas S.L., Construcciones E.C.Casas S.L., HPC Ibérica S.A.,  Jardincelas S.L., Naturgalia S.L., Oziona Soluciones de entretenimiento S.L., Ute Lappset - Acevi e Zona de obra O Rosal S.L.

A mesa abriu esta semana as ofertas que presentaron as empresas que serán estudadas polos servizos técnicos municipais, encargados de emitir informe.

O parque de Médico Ballina instalarase sobre a cuberta do túnel do tren, na marxe dereita da rúa Médico Ballina, en dirección Pontevedra-Santiago. O parque estará situado nunha parcela de 1.198,42 metros cadrados, onde se pretende crear unha zona de estancia para os acompañantes dos rapaces, e unha traseira na que se instalarán os xogos infantís.

Na entrada ao parque, onde se situarán os acompañantes, o prego recolle a colocación, cando menos, de 4 bancos, papeleiras, mesas con xogo de mesa e bancos incorporados, mesa de pinpong e unha fonte adaptada para mobilidade reducida.

Comentarios