Cae do seu patinete eléctrico un condutor que cuadruplicaba a taxa de alcol

O home exponse a unha multa de ata 1.000 euros 
Un coche de la Policía Local de Pontevedra. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Un coche de la Policía Local de Pontevedra. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

A Policía Local de Pontevedra identificou o conductor dun patinete eléctrico que cuadruplicaba a taxa de alcol máxima permitida. 

Os feitos ocorreron o 3 de outubro, cando unha patrulla acode á rúa Cobian Roffignac tras ser alertada de que o conductor dun Vehículo de Mobilidade Persoal (VMP) caera tras chocar contra un dos bolardos da citada rúa.

O condutor deu positivo en alcol cunha taxa de 1.08 mg/ l.

O home foi denunciado administrativamente cunha proposta de sanción de 1.000 euros.

Doutra banda, os axentes interceptaron un condutor que circulaba pola rúa Eduardo Pondal sen permiso de conducción e cun vehículo que carecía de seguro e tiña ITV caduca. Ademais, o home deu positivo en cocaína. 

Comentarios