Contos medievais e obradoiros de decoración fanse oco na Feira Franca

PONTEVEDRA. O Museo de Pontevedra súmase á celebración da Feira Franca a través de diferentes propostas dirixidas fundamentalmente ao público infantil.

Dende o vindeiro luns e ata o sábado 7 desenvolveranse unha serie de obradoiros impartidos por Pepa Cuentera, 'mariscadora de contos'; así como actividades levadas a cabo polo gabinete didáctico do Museo.

O primeiro deles, adicado ós 'Contos medievais', está dirixido a nenos con idade máxima de doce anos, e terá lugar o 2 de setembro en horario de 11.00 a 12.00 e de 12.30 a 13.30 horas. A través del farase unha homenaxe a trobadores e xograres da Idade Media que levaban as historias e sucesos de un pobo ao outro informando e entretendo ás súas xentes, e transmitindo a tradición literaria e cultural a pequenos e maiores.

Tamén o lunes celebrarase o 'Obradoiro de moedas de xenxibre', no que os rapaces elaborarán a decoración de galletas de xenxibre con produtos de pastelería adaptados á época.

Pola súa banda, os interesados en participar no 'Obradoiro de decoración de servilletas de algodón', que se desenvolverá o martes, día 3, poderán personalizar servilletas co seu nome e escudo. Desta forma coñecerán a peculiar historia deste utensilio, inventado por Leonardo Da Vinci. Ao remate de ambas actividades os pequenos artesáns recibirán un libro de agasallo.

O xoves, 5 de setembro, será a quenda do 'Obradoiro de ex libris e marcapáxinas' e ao día seguinte o de 'Poñamos unha mesa na Idade Media', no que os nenos de entre sete e doce anos aprenderán a poñer a mesa realizando un mantel revivindo os grandes banquetes medievais. Esta actividades terá dúas sesións: de 11.00 a 12.00 e de 12.30 a 13.30 horas. Para este catro obradoiros, que terán lugar no Sexto Edificio, haberá que inscribirse a través do teléfono 986 804 100.

Por último, a Deputación propón dous obradoiros máis: un de 'Heráldica' e outro sobre 'Xogos de cartas'. Estas dúas actividades son de participación libre e gratuíta e terán lugar o venres 6, de 17.00 a 20.00 horas, e o sábado 7 de 11.00 a 14.00 horas nos soportais do edificio Fernández López.

Comentarios