Controlado un incendio declarado a media tarde entre Vilaboa e A Canicouva

Un helicóptero na zona afectada polo lume. CEDIDA
photo_camera Un helicóptero na zona afectada polo lume. CEDIDA

O servizo de extinción de incendios dá por controlado un lume declarado na tarde deste sábado, sobre as 19.26 horas, en montes de Figueirido. As chamas chegaron a calcinar algo máis dunha hectárea de superficie arborada no monte da Fracha, principalmente, nos dominios do Concello de Pontevedra.

Ao punto acudiron tres axentes, dez brigadas, cinco motobombas e oito medios aéreos, entre helicópteros e avións. O despregue permitiu atallar case de inmediato un lume que, dadas as temperaturas e as condicións do vento, podería terse complicado de entrar a noite.

No lugar estiveron tamén o alcalde de Vilaboa, Francisco Costa, os efectivos de Protección Civil de Vilaboa e dotacións da Garda Civil.

Medios despregados na zona do lume. CEDIDA