Convocan unha concentración na Boa Vila para 'defender' Lourizán

A plataforma 'Non á ampliación' da EDAR lanza "un SOS" para implicar á cidadanía e esixir á Xunta que recupere a fachada marítima
Acto simbólico celebrado este domingo no Camposanto da Dignidade, nos Praceres. CEDIDA
photo_camera Acto simbólico celebrado este domingo no Camposanto da Dignidade, nos Praceres. CEDIDA

A Plataforma Veciñal Non á ampliación de Lourizán convoca á cidadanía a unha concentración o vindeiro venres, 8 de novembro, para lanzar "un SOS" pola parroquia e reclamar "xustiza" para ela, segundo informou este domingo nun comunicado. Será ás 20.00 horas, diante da Audiencia Provincial de Pontevedra. A intención é que, "entre todos, lle esixamos á Xunta que o noso modelo de cidade pasa por recuperar a nosa fachada marítima, e non por enterrala en toneladas de formigón".

A veciñanza considera que "chegou o momento de recuperar a fachada litoral da ría e comezar a correxir os erros históricos", xa que "non se pode seguir afondando neles", tal como "pretende a Xunta, negándolle o futuro a Lourizán e a Pontevedra".

O anuncio coincide coa celebración, por segundo ano consecutivo, dun acto no chamado Camposanto da Dignidade dos Praceres, no que a veciñanza quixo simbolizar "o enterro da parroquia de Lourizán".

Nesta nova performance os veciños presentaron os seus respectos á parroquia de Lourizán, recreando a tradición de Defuntos de visitar aos mortos. "Aínda que Lourizán é unha morta moi viva, os veciños non poden obviar que se trata dunha parroquia moribunda, pola sucesión de decisión políticas aberrantes das últimas décadas e que nestes momentos a Xunta de Galicia pretende acabar de masacrar, triplicando a EDAR actual", denuncian.

O proxecto de ampliación da depuradora que a Xunta de Galicia quere poner en marcha "supón un atentado contra o sentido común". Afirman que Lourizán é a fachada litoral de Pontevedra, pero en lugar de ocupar "o lugar central que lle corresponde no desenvolvemento urbano", acabou convertida no "patio traseiro" do Concello.

Por iso a veciñanza considera que "chegou o momento de recuperar a fachada litoral da ría e comezar a correxir os erros históricos", xa que "non se pode seguir afondando neles", tal como "pretende a Xunta, negándolle o futuro a Lourizán e a Pontevedra".