Críticas cara ao estado de Ponte Sampaio

Os veciños consideran que a parroquia está abandonada no referente á limpeza e ao lixo, idea que tamén comparten os socialistas

A xunta directiva da Asociación de Vecinos Héroes de Ponte Sampaio vén de facerse eco da iniciativa presentada polo grupo socialista no Concello, na que se esixe a solución de deficiencias na parroquia.

Consideran que as declaracións do portavoz municipal do PSOE, Tino Fernández, confirman que as denuncias realizadas en varias ocasións pola súa asociación "estaban en lo cierto". Héroes leva varios anos queixándose do "abandono que sufre la parroquia" no que se refire á limpeza e ao lixo, aspecto que tamén criticaron o mércores os socialistas. "No es de recibo que una parroquia por la que discurre el Camino Portugués y por donde pasan al año miles de peregrinos presente una imagen deplorable: contenedores rotos y llenos de basura a sus alrededores, incluso los que están pegados al puente medieval. El propio puente, que lo limpia hasta la mitad el Concello de Soutomaior, en el tramo de Pontevedra parece que no tiene dueño, así como los cortamares", explica a dirección da Asociación de Veciños.

Deste xeito, o colectivo presidido por Ramón Agulla esixe a descatalogación de Ponte Sampaio como zona residencial, aludindo a que se pagan certos impostos por ter a parroquia un status para o cal "non reúne as condiciones".

Comentarios