Cuntis acollerá un taller sobre videoxogos e animación 3D para a mocidade

Videojuego. PIXABAY
photo_camera Videojuego. PIXABAY

O próximo xoves impartirase en Cuntis un taller sobre videoxogos e animación 3D para os mozos a partir de 14 anos. O evento, organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), terá lugar na Casa do Médico entre as 10 e as 14 horas.

A xornada que se vai celebrar en Cuntis encóntrase dentro do programa 'TechKids', unha actividade destinada a fomentar o interese pola ciencia e a tecnoloxía entre a mocidade galega.

Os rapaces poderán adestrarse no mundo da animación, efectos visuais, videoxogos ou realidade virtual mediante, por exemplo, a creación de personaxes. Explicaranse, ademáis, cales son os perfís que se demandan en cada un dos sectores, os estudos necesarios para formar parte da industria e experiencias reais de profesionais.

Comentarios