Os datos de consumo presaxian un inicio de verán de récord en Sanxenxo

O parking do porto deportivo alcanzou máximos históricos de recadación no mes de xuño e o goberno local puxo o acento en que a ocupación na pasada primavera "ha sido muy buena

O parking alcanzou máximos históricos. DP
photo_camera O parking alcanzou máximos históricos. DP

O consumo e a ocupación hoteleira no municipio de Sanxenxo aumentou no mes de xuño. Os datos recollidos polo Concello amosan o que podería ser unha previsión do que se espera para este verán.

Un dos exemplos deste aumento vese no Párking Nauta, situado no porto da localidade. Para el foi un mes de récord no que á venda de tickets e recadación se refire, xa que conseguiu alcanzar as súas mellores cifras dende a súa apertura no ano 2005.

Durante este mes vendéronse un total de 21.077 tickets, o que supuxo uns ingresos de 51.615 euros. Un gran incremento fronte aos 45.317 euros recadados no ano 2018. Estas cifras superaron incluso os mellores datos recollidos na historia do parking, os cales se deron no 2016 cunha recadación de 50.317 euros.

En canto ao consumo de auga, este tamén aumentou, cunha subida do 8,5 por cento con respecto ao ano anterior alcanzando así os 191.110 metros cúbicos de augaconsumidos.

RECOLLIDA DE LIXO. E, como xa se sabe, o verán é unha época na que o lixo soe aumentar, pero este non é o caso. No mes de xuño rexistrouse unha baixada do 0,8 por cento con respecto ao ano anterior cunha recollida total de 1.083.360 kilogramos de lixo.

Entre estes datos cabe destacar que a recollida de residuos sólidos urbanos se reducíu de 967.840 kilos en 2018 a 932.160 en 2019, é dicir, 35.680 kilos menos.

Por outra banda, incrementouse a cantidade recollida de lixos como o vidrio, con 22.250 kilos máis que o ano anterior, ou o papel, con 6.000 kilos máis.

OCUPACIÓN. Os hoteis do municipio tamén recolleron datos de ocupación que reflexan unha maior afluencia de visitantes que durante os meses de abril e maio do ano 2018.

A falta da publicación dos datos de ocupación en xuño de 2019 no INE, o goberno local refírese aos dous meses anteriores e asegura que "ya podemos decir que la ocupación de la primavera ha sido muy buena", o que lles serve como previsión da afluencia que pode rá traer o verán.

Os datos recollidos sobre as pernoctacións hoteleiras durante o mes de abril tamén se viron incrementados chegando a hospedar a 49.915 persoas fronte as 38.428 do ano anterior.

Dende o Concello aseguran que neste incremento non tivo nada que ver que a Semana Santa caíse este ano no mes de abril, xa que supera os datos recollidos doutros anos nos que esta festividade caeu no mesmo mes, como é o caso do ano 2017, no que se rexistraron 48.383 pernoctacións e que, ata o de agora, tiña o récord histórico de ocupación hoteleira no municipio.

No caso do mes de maio a ocupación hoteleira tamén aumentou con un total de 49.404 pernoctacóns, 8.152 máis que o mesmo mes do ano anterior.

Dende o goberno aseguran que son "datos que avalan la estrategia y los objetivos que el gobierno lleva defendiendo desde hace dos años" ao que engaden, vendo estes datos, que "Sanxenxo tiene un gran potencial fuera del verano. Especialmente en meses como octubre, noviembre, marzo, abril y mayo".

Comentarios