De 'Duques' y de duquesas

Cayetana de Alba anuncia que no se casará.
photo_camera Cayetana de Alba anuncia que no se casará.

Que razón tiña o outro día Buenafuente cando dixo iso de que: “En España xa só se fala do Duque e da duquesa [a de Alba]”. As portadas das revistas desta semana dan a razón ao presentador, xa que ofrecen páxinas e páxinas sobre tan dispares personaxes.

No caso de Cayetana, é a revista Hola, como sempre, a que amosa o novo capítulo do serial de amor e ambicións entre a duquesa e Alfonso Díez.

Nesta entrega, Cayetana fixo as súas primeiras declaracións tras reunirse por petición propia coa raíña Sofía para tratar con ela o seu futuro sentimental. “Xa non hai plans de voda”, dixo tras saír da Zarzuela.

Outras publicacións presentan algunha reportaxe sobre o tema pero é Diez Minutos a que asegura que Dona Sofía lle explicou a Cayetana que está de acordo coa postura dos seus fillos.

Ademais, Gonzalo Miró, mozo de Eugenia, animouse a falar do romance da que pode ser a súa futura sogra no programa no que colabora en Cuatro.

“Se os que a queren lle din que non [case], por algo será”, apuntou, rematando co seu longo silencio sobre o asunto. “Penso que queren conservar a honra da súa nai e non queren que sufra”, apuntou. Porén, o máis sorprendente do que dixo foi a súa resposta a un tertuliano do espazo de Concha García Campoy. Cando este comentou que Cayetana renunciará a casar, Miró non puido reprimir un “non caerá esa breva”.

Os romances do Duque
Máis ledo e tamén con intención de casar está Miguel Ángel Silvestre, O Duque de Sin tetas no hay paraíso, segundo a revista Semana. A publicación di que o intérprete “fai plans de futuro” coa súa moza, a tamén actriz Belén López, e que están moi ledos desde que retomaron a súa relación.

En canto ao profesional, Silvestre está tamén de noraboa, pois será a grande estrela da Mostra de Cine de Venecia, onde recollerá o premio ao mellor actor polo seu papel na cinta 3:19.

Comentarios