Denunciados dous locais de ocio nocturno de Pontevedra por incumplir o horario de peche

Una copa en la barra de una discoteca. PIXABAY
photo_camera Unha copa na barra dunha discoteca. PIXABAY

A Policía Municipal de Pontevedra denunciou a dous locais hostaleiros do centro histórico o pasado venres por incumplir o horario de peche decretado pola Xunta de Galicia como fórmula para evitar os contaxios por coronavirus.

Segundo o parte que lle pasou a Policía Local á Administración galega, os establecementos seguían abertos despois da unha da madrugada.

Por outra banda, o Concello recibíu a notificación de dez domicilios que solicitaban que lles recollera o lixo porque algún dos membros da familia se atopan confinados e non poden saír á rúa a depositar nos colectores os residuos que xeran.

Comentarios