O deporte pontevedrés desafía a LGTBIfobia no spot ‘Seareirxs da Diversidade’

Dez clubes da cidade unénse no día contra a LGTBIfobia no deporte ► Yoya Blanco recuerda el caso de Justin Fashanu
Tino Fernández, acompañado de Yoya Blanco, en el acto.DP
photo_camera Tino Fernández, acompañado de Yoya Blanco, en el acto.DP

As concellerías de Igualdade e de Deportes impulsan esta peza audiovisual, na que participan dez equipos da cidade, co gallo do Día Internacional contra a LGTBIfobia no deporte Pontevedra, 19 de febreiro Coincidindo co Día Internacional da LGTBIfobia no deporte, o Concello de Pontevedra presentou este venres o spot Seareirxs da Diversidade, que contou coa participación de dez clubs deportivos da cidade pertencente s a disciplinas como fútbol, baloncesto, natación, ximnasia rítmica, taekwondo, esgrima ou balonmán. A peza audiovisual, impulsada polas concellerías de Igualdade e de Deportes, enmárcase dentro do programa municipal pola diversidade sexual Pinto e Maragota e busca enviar unha mensaxe clara: a práctica deportiva está destinada a todas as persoas, sen ningún tipo de discriminación pola súa identidade ou orientació n sexual, nin pola súa condición física, social ou cultural.

Tal e como asegurou durante o acto de presentación celebrado na Sala de Prensa do Teatro Principal a concelleira de Igualdade, Yoya Blanco, o vídeo pretende realizar un chamamento a "formar part e dunha gran afección arredor do deporte como ferramenta de transformación, para construír un h a sociedade máis xusta, inclusiva e respetuosa". En presenza de deportistas e directivos de varios dos clubs participantes no spot, a edil socialista explicou que "o deporte é un dos espazos máis hostís para as persoas pertencentes ao colectivo LGBTIQ+, de bido a que seguimos a ver nestas prácticas actitudes machistas e discriminatorias pola identidade, orientación sexual ou pola expresión de xénero d@s deportistas".

Pola súa banda, o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, a segurou sen tirse “agradecido pola enorme receptividade e implicación que tiveron con este pro xecto os equipos participantes: o Pontevedra Club de Fútbol, o Club de Baloncesto Arxil, a Sociedade Deportiva Teucro, o Cidade de Pontevedra Fútbol Sala, o Club Cisne Balonmán, a Sociedade Ximnástica Pontevedra, a Asociación Juan XXIII, o Club Treboada, o Club Escola Hungaresa de Esgrima Pontevedrae o Club Taekwondo Mace–Sport”. “O apoio tácito dos clubs a un deporte diverso que non discrimine por razón de orientación ou identidade sexual vai ser o xermolo da conduta moral dos nosos futuros deportistas. Os clubs de Pontevedra teñen abertas de par en par as portas a toda a comunidade LGTBIQ+ e pechadas a calquera tipo de "discriminación" subliñou o edil do PSOE.

Justin Fashanu o calvario do primer futbolista declarado publicamente homosexual

Yoya Blanco lembrou que o Día Internacional contra a LGTBIfobia no Deporte conmemórase cada 19 de febreiro do británico Justin Fashanu, o primeiro futbolis ta profesional da historia en declararse homosexual ante os m e dios de comunicación o que fixo que a súa vida se tornase un inferno e ningún adestrador quixese manter no seu plantel durante demasiado tempo a Fashanu e os apupos do público se volveran frecuentes dende os graderíos. Foi obxecto de burlas dos seus compañeiros tanto nos vestiarios como no campo o que fixo que optase por retirarse ao non poder soportar o acoso ao que foi sometido. Suicidouse o 3 de maio de 1998 narrou a edil do PSOE.

O acto de presentación do spot reivindicativo contou coa asistencia de Luis Santos Omil, da Asociación Juan XXIII; Maika Jarillo, do Club Treboada; Cristina Garrido, da Sociedad Ximnástica Michele Estévez, do Club Escola Hungaresa de Esgrima Pontevedra Cauë Herrera, da Sociedade Deportiva Teucro; e Francisco A billeira do Club Baloncesto Arxil. Segun do salientou Michele Estévez, a elaboración deste vídeo é moi importante non só para reflectir a presenza das mulleres no deporte, senón de todos e cada u n dos membros que conf orman o colectivo LGTBIQ+.

Más en Deporte Local Pontevedra
Comentarios