Imprimir

A Deputación repartirá 1.900 € entre os mellores proxectos de Depoemprende FP

Diario de Pontevedra | 24 de febrero de 2020

Deputación provincial. DP
Deputación provincial. DP
Estes premios terán dúas categorías, tendo en conta o grao medio e o superior, onde o gañador levarase 700€ e a posibilidade de seguir investigando nos seus proxectos

A Deputación de Pontevedra vén de publicar as bases dos Premios Demo Day, do programa DepoEmprende 2019-2020, na modalidade de FP. O obxectivo é promover o lanzamento de proxectos emprendedores impulsados polo alumnado de Formación Profesional, a través dun proceso que permita identificar e apoiar proxectos con potencial desenvolvemento, apunta nunha nota.

Este ano os premios contan cunha dotación económica de 1.900 euros que se repartirán en dúas categorías (grao medio e superior). A primeira terá un único premio de 700 euros, mentres que o alumnado de grao superior poderá optar a dous, un de 700 e outro de 500 euros. No caso de que non se acade o número mínimo e concursen todos os proxectos por igual estableceranse dous galardóns: un primeiro dotado con 700 euros e un segundo premio dotado con 500 euros.

A finalidade desta convocatoria é promover a iniciativa emprendedora e a actitude necesaria para asumir riscos e responsabilidades. A metodoloxía proposta baséase en que o alumnado elabore un proxecto empresarial relacionado coa familia profesional do ciclo formativo que curse. As ideas seleccionadas entrarán no programa intensivo de apoio e asesoramento Aceleración de proxectos e o proceso rematará no mes de marzo co acto dos Premios Demo Day, no que se realizará a presentación e a valoración dos proxectos co fin de determinar os premiados.

A convocatoria está dirixida aos centros educativos de FP da provincia que participan no proxecto DepoEmprende na FP. Entre eles figuran o IES Montecelo e o CIFP Carlos Oroza de Pontevedra, o IES Johan Carballeira (Bueu), o IES de Rodeira (Cangas) e o IES Terra de Turonio (Gondomar).

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/pontevedra/deputacion-repartira-1900-%C2%80-mellores-proxectos-depoemprende-fp/202002241239111074817.html


© 2020 Diario de Pontevedra

Lepanto 5, Pontevedra

Tlfno: 986 011 100

(Grupo El Progreso)