Desavinzas entre veciños e parkouristas no primeiro mes de vida do 'skate park'

Os mozos de Portonovo denuncian o uso das instalacións como "parque infantil" e o Concello reivindica o "éxito" tras a inauguración
Inauguración do 'skate park'. DP
photo_camera O 'skate park' o día da súa inauguración. DP

Exactamente un mes despois da inauguración da pista skate park de Portonovo, xorden as primeiras desavinzas entre usuarios e veciños sobre a súa utilidade. Os habituais parkouristas, un grupo de arredor de 10 mozos que acoden con regularidade ao parque a practicar o seu deporte, veñen de denunciar que o uso que se lle da "non é o axeitado", posto que, con frecuencia, ao lugar acoden nais e pais "con nenos pequenos", que utilizan as pistas "como un parque infantil", cando a súa utilidade é "a práctica do deporte para o que se construiron as pistas".

Na mañá deste mércores, a nai dun dos mozos parkouristas, de 16 anos de idade, lamentaba que "cando se fixo o proxecto, a concelleira falou con eles para ter en conta as súas necesidades á hora de facer o parque, e agora ninguén os atende cando protestan polo uso que se lle dá. É perigoso para os nenos baos que os pais deixan estar nas pistas, porque poden levar un golpe", explica. Ademais, asegura que os deportistas xa deron aviso en varias ocasións á Policía Local, e denuncia tamén o estado das instalacións: "Están cheas de lixo, aquilo é un vertedoiro. Para practicar o seu deporte con seguridade estes rapaces necesitan que haxa máis control e limpeza, senon non servirá de nada".

PARA TODOS. Pola súa parte, o Goberno local garantiu que a Policía Local "realiza con frecuencia controles por la zona y actúa en función de las denuncias, pero siempre que estén justificadas". Neste sentido, puxo de manifesto que, "hasta el momento, no se ha detectado ningún uso inadecuado", xa que o Concello considerou que as novas pistas skate park son "un espacio lúdico y deportivo en el que deben convivir distintas edades".

A nova pista, que se inaugurou o pasado 31 de xullo, e que era unha demanda histórica dos mozos de Portonovo, está sendo, segundo valorou o Concello "un éxito" e conta, ademais, "con una gran aceptación, tanto de vecinos como de visitantes".

Comentarios