Detido un veciño de Vigo tras roubar nun coche aparcado no centro comercial A Barca

A pechadura forzada do vehículo estacionado no centro comercial. POLICÍA LOCAL DE POIO
photo_camera A pechadura forzada do vehículo estacionado no centro comercial. POLICÍA LOCAL DE POIO

Un veciño de Vigo foi detido este sábado en Poio por un roubo con forza nun vehículo estacionado no centro comercial de A Barca. Segundo informa a Policía Local, nunha taquilla do propio centro comercial localizáronse varios obxectos roubados, entre eles a documentación do coche forzado. E nun bolso que portaba o home no momento da detención había máis obxectos.

Ademais fóronlle intervidas tres chaves de coches de diferentes marcas, documentos con ata cinco identidades diferentes e varias carteiras, posiblemente de roubos en outros vehículos.

A víctima do roubo no centro comercial identificou varios obxetos que portaba o detido, entre eles unha chaqueta,  unhas gafas, unha colonia e un pixama.

Investígase agora a suposta participación do detido en máis roubos. Pasará a disposición xudicial unha vez finalizada a investigación.