Dous colexios de Pontevedra, premiados no Festival Olloboi

O Sagrado Corazón de Praceres alzouse co premio á categoría Infantil e o CEIP Xunqueira 2 obtivo o galardón na categoría de arte

Participantes no Olloboi. @Olloboi (TWITTER)
photo_camera Participantes no Olloboi. @Olloboi (TWITTER)

Dous colexios de Pontevedra resultaron premiados nos premios do Festival Escolar Audiovisual Olloboi, que se entregaron o venres en Boiro. 

Por unha parte, o Centro Plurilingüe Sagrado Corazón de Praceres alzouse co premio á categoría Infantil pola curtametraxe Mareas Vivas de Lourizán. Mentres que na categoría de Arte o galardón foi para o CEIP Xunqueira 2 co seu proxecto A mellor sopa do mundo.

Baseándose no conto de Susanna Isern, alumnos e profesores do centro pontevedrés realizaron unha curta de animación con técnica stop motion.

Os asteleiros Triñanes de Boiro acolleron a gala de entrega dos premios na tarde noite do venres. Preto de 200 traballos de 70 centros escolares galegos participaron na oitava edición deste certame escolar do audiovisual que promove a asoaciación Olloboi.

Comentarios