Dous mundos

O director Luchino Visconti naceu aristócrata e medrou comunista. A tensión entre un mundo que morre e outro que nace caracterizou un cine sobre o que nos fala María Valcárcel aos corenta anos da súa morte. Ramón Rozas tamén escribe de cine: da conversa entre Truffaut e Hitchcock. Camilo Franco opina sobre os premios María Casares, mentres que Portorosa manifesta a súa devoción pola literatura de James Salter; a mesma que Antonio Costa sente por Dovstoeski. Nacho Mojón cóntanos que soubo que caparan os gamos da central de Garoña nunha viaxe e Jaureguizar escríbenos en directo ao pé da sepultura do cantante francés Serge Gainsbourg tras escapar en París do sopor que lle provoca a cultura galega.

Comentarios