Os drons loitarán contra as velutinas disparando balas con insecticida conxelado

Os operarios da Mancomunidade do Salnés xa levan retirados 210 niños desde o inicio da campaña o dez de xuño

O presidente da Mancomunidade xunto aos alumnos do Plan de Emprego. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera O presidente da Mancomunidade xunto aos alumnos do Plan de Emprego. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A Mancomunidade do Salnés presentou este martes na Telleira de Vilalonga a súa nova incorporación pioneira en España na loita contra as velutinas. Ao acto acudiron o presidente da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán, e a responsable do Plan de Emprego, Begoña Verissimo. Ademais, tamén estiveron presentes os alumnos do Curso de Drons do Plan Integrado de Emprego da Mancomunidade xunto co seu profesor Jorge García Camaño, experto en drons.

A innovación presentada consiste en dispararlle aos niños cunha escopeta parecida ás do paintball pero cargada con vectores biodegradables que conteñen o insecticida conxelado no seu interior. Ademais, a isto engádenselle varios proxectís para outorgar maior estabilidade. Desta forma, cando impacta no niño xa se introduce o producto, que tarda ao redor de dous minutos en volverse totalmente líquido.

Pero isto non é todo. Para poder acceder aos niños que se atopan a gran altura, os operarios terán á súa disposición un dron ao que se lle incorpora a escopeta antes mencionada e que permitirá disparar a maior altura. Durán afirmou que este método é "para los nidos inalcanzables, los que pese a la altura que tiene la grúa del camión no llega ni con la pértiga".

Jorge García Camaño presentou a nova incorporación explicando que "es una alternativa nueva para trabajar en la erradicación de nidos de avispa velutina utilizando la tecnología de los drones para que sea más eficiente, más económico, más rápido". Este avance permitirá que os operarios non se vexan obrigados a ter que retirar o niño para poder neutralizalo, senón que este quedará sinalizado cun cartel no que se lerá "Atención. Nido colapsado".

Chema Pedrouzo, un dos operarios da Mancomunidade afirmou que dende o dez de xuño "llevamos retirados 210 nidos" o que prevé que se superen os 1.150 do 2018.

Comentarios