Dúas detencións por violencia de xénero esta fin de semana en Marín

A primeira tivo lugar nun domicilio familiar en Seixo ►A segunda realizouse tras as celebracións na Praia de Loira
Policía Local de A Coruña. EP
photo_camera Policía Local. DP

A Policía Local de Marín realizou esta fin de semana dúas intervencións por violencia de xénero, unha en Seixo e outra na zona de Loira, que remataron con dous detidos.

A primeira intervención realizouse ás 23.52 horas da noite do sábado, despois de que uns veciños alertaran por teléfono da discusión que estaba a acontecer entre unha parella no seu domicilio familiar. Os axentes da Policía Local de Marín personáronse no lugar, donde verificaron que estaba a suceder un episodio de violencia de xénero e procederon á detención do varón e ao seu traslado á comisaría. A parella do agresor foi trasladada a un centro de saúde das proximidades para evaluar a gravidade das súas lesións.

O segundo caso tivo lugar este domingo ás 7.27 horas, no marco das festas de Loira, que contaron cun espectáculo pirotécnico. A Policía Local foi alertada mentres realizaba o servizo de patrulla correspondente dunha discusión con agresións na vía pública. Os axentes chegaron a presenciar como o detido maltrataba á súa compañeira sentimental e procederon, como na outra intervención, a trasladalo á comisaría. A pesar do aparatoso da disputa, a afectada non presenta danos significativos.

Ademáis, na madrugada do domingo foi necesario realizar dous servicios de aviso a ambulancias para prestar atención sanitaria a un rapaz e unha rapaza afectados polo consumo excesivo de alcohol durante as celebracións na Praia de Loira.

Comentarios