Un morto e unha ferida grave nun choque entre unha moto e unha furgoneta en Barro

Os dous ocupantes da moto, naturais de Cuntis, foron evacuados ao Álvaro Cunqueiro, aínda que o home non puido recuperarse das graves lesións que sufría

La moto implicada en el accidente de Barro. CEDIDA
photo_camera La moto implicada en el accidente de Barro. CEDIDA

Un motorista de Cuntis faleceu este sábado e unha muller, que ía de acompañante na moto, resultou ferida de gravidade ao verse implicados nun accidente de tráfico na estrada PO-225, ao seu paso polo municipio pontevedrés de Barro.

Os dous pasaxeiros da moto foron evacuados ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo por mor das graves lesións que sufriran logo de colisionar cunha furgoneta e que o home non conseguiu superar, segundo confirmou o tenente alcalde de Barro, José Sanmartín, nas redes sociais. 

Foron varias as chamadas de alerta recibidas polo 112 Galicia ás 16:30 horas de este sábado para advertir do accidente na estrada que vai de Porráns a Moraña, á altura de Mane.

As mesmas persoas que contactaron co servizo de atención ás emerxencias de Galicia sinalaban a gravidade das feridas sufridas, especialmente polo piloto da moto debido á posible perda dun membro inferior.

Así, os profesionais sanitarios acudiron ao lugar do accidente a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Accidente entre una moto y un coche en Barro. ARTURO REBOREDOFinalmente, os dous ocupantes da moto, veciños de Cuntis e de 49 e 47 anos, foron trasladados ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. O piloto, que non puido recuperarse das feridas, foi levado en helicóptero, mentres que o traslado da muller realizouse en ambulancia medicalizada.

O condutor da furgoneta, de 57 anos e tamén veciño de Cuntis, resultou ileso e deu negativo nas probas de alcol que lle foron practicadas.