Educación anuncia obras de mellora no Ceip Rosalía de Castro de Vilagarcía

Pérez Ares solicita a colaboración do Concello para acometer a reforma dos aseos

Pérez Ares visitou o centro este luns. DP
photo_camera Pérez Ares visitou o centro este luns. DP

O xefe territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares, reuniuse este luns co equipo directivo do Ceip Rosalía de Castro de Vilagarcía de Arousa e cos responsables da Anpa para trasladarlles que se priorizará este ano a posta en marcha das melloras dos aseos do centro. 

Pérez Ares demandou a colaboración do concello de Vilagarcía de Arousa, "xa que consideramos que non debe haber discriminación cara a este centro”, explicou Ares, quen engadiu que no caso doutros colexios da localidade "houbo boa sintonía" entre as dúas administracións e puidéronse levar a cabo "importantes melloras". 

Segundo informou a Conselleria a través dun comunicado, a Xunta farase cargo do cambio das tubaxes do colexio "de xeito progresivo".

Pérez Ares recordou que este ano está previsto investir 50.000 euros noutros centros educativos de Vilabarcía como son os Ceip A Escardia e A Lomba.  

Comentarios