Opinión

Elementos externos nas eleccións

TODO LLE pode afectar á política, porque todo é política. Por iso aventurar un resultado electoral é tan complicado. Incluso contando coas enquisas, que non deixan de ser unha pulsión de por onde se inclina a cidadanía. Unha campaña, sempre deostada polos votantes pola leria que poida representar, é determinante. Sempre. E arredor dela teñen lugar outros acontecementos que tamén poden influír, e ás veces de maneira definitiva. E non han ser tan graves como os atentados de Madrid previos á xornada electoral que levou a Zapatero á Moncloa. Desta volta o coronavirus, que está deixando nun segundo plano a precampaña, é, aínda que en principio non o puidera parecer, un importante condicionante de cara ao 5-A. De feito, xa existe preocupación nos partidos, porque as eleccións están moi pretiño e ao mellor os políticos veranse na obriga de divulgar máis contra o medo ás aglomeracións que os seus programas. Unha profunda distorsión.

Comentarios