Os escolares de Poio empápanse das 'Vivencias de muller'

Alumnos de Primaria coñecen a vida das catro veciñas homenaxeadas do 8-M

Actividades desenvolvidas en Chancelas e no Isidora Riestra. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Actividades desenvolvidas en Chancelas e no Isidora Riestra. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Ducias de alumnos dos CEIP de Chancelas, en Combarro, e Isidora Riestra, en San Xoán, tiveron onte a ocasión de coñecer as historias de catro veciñas de Poio que ben poderían ser consideradas auténticas heroínas.

De feito, así o entendeu a Concellería de Igualdade, que decidiu honrar as súas traxectorias no eido social, laboral e familiar organizándolles un acto de homenaxe o pasado 8 de marzo, co gallo da celebración do Día Internacional da Muller. Rosalía Fernández, Araceli Fernández, Jesusa Casás e Aurea Aguín son nombes que abofé que os cativos non esquecerán, grazas, en gran medida, ao labor desenvolvido pola compañía "Polo correo do vento", cuxos integrantes foron quen de adaptar as historias destas catro veciñas nunha particular sesión de contacontos.

'Vivencias de muller' é o nome desta iniciativa, que tamén inclúe a publicación dun libro, cunha tirada de 1.000 exemplares, no que se falta das experiencias deste cuarteto de mulleres homenaxeadas. Rosalía Fernández, natural de Samieira, traballou durante anos na fábrica de conservas Romay, mentras que Araceli Fernández, de San Salvador, labrouse un nome a base de saír cara adiante exercendo de lavandeira, costureira, churreira ou vendedora de peixe. Pola súa banda, Jesusa Casás, natural de San xoán, é unha emprendedora moi coñecida por fundar o restaurante Nova Cepa. Por último, Aurea Aguín adicou a súa vida á perruquería que tiña en Raxó e aos negocios vencellados ao mundo das bateas.

Comentarios