Reaniman durante case unha hora a un bañista que entrou en parada en Cabeceira

Foron varias persoas particulares as que contactaron co 112 Galicia para alertar da situación
Un momento da intervención dos socorristas. DP
photo_camera Un momento da intervención dos socorristas. DP

Os socorristas de Poio reanimaron este venres durante case unha hora a un bañista que sufriu unha parada cardiorrespiratoria en Praia Cabeceira. Sucedeu pasadas as 18.00 cando o home desvaneceuse na auga onde outro bañista sacoulle de inmediato.

Foron varias persoas particulares as que contactaron co 112 Galicia para alertar da situación do varón ás 18:20 horas. Indicaban no seu relato que o home estaba afogándose e o estaban atendendo os socorristas no areal.

Axiña, o persoal do CIAE 112 Galicia solicitou a actuación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil e da Policía Local.

Finalmente, o home foi trasladado ao centro médico de referencia.