Fallido

Estamos ante un exemplo de película que parte dunha boa idea e que ao longo da metraxe vai perdendo forza ata rematar en algo que podería ter sido outra cousa.

Explícome: o xogo de identidades como base dun guión ten cousas boas e non tanto, porque é doado caer en clixés e, por outra banda, á forza de buscar a orixinalidade, cada vez complícase máis o desenvolvemento dun guión con estrutura lóxica, isto é, van quedando pezas soltas, difíciles de encaixar, co perigo engadido de ir perdendo profundidade na narrativa.

Convértese entón nunha película que falla a medida que vai avanzando, que deixa cabos soltos, que non explica ben as cousas. E logo dun arranque que promete, vai caendo nunha espiral de subtramas que enlean a historia e a deixan na superficie. E a cousa queda noutro intento fallido máis.

Unknown
Director: Jaume Collet-Serra
Intérpretes: Liam Neeson, January Jones e Diane Kruger
Puntuación: **

Comentarios