Feijóo e o PP arroupan a Sayáns na homenaxe tras 36 anos na Alcaldía

O xa exalcalde agradeceu as mostras de cariño de populares de toda a provincia, entre os que non faltaron Rueda, Pastor e Ramallo
photo_camera Distintos momentos da reunión celebrada este sábado en Campo Lameiro, que se iniciou en torno ás 14.30 horas e que tivo tamén un minuto de silencio polo mozo falecido esta semana en accidente laboral. DAVID FREIRE

O presidente do PPdeG Alberto Núñez Feijóo, as deputadas estatais Ana Pastor e María Ramallo e o presidente provincial dos populares, Alfonso Rueda, acudiron este sábado ao o acto de homenaxe a Julio Sayáns como recoñecemento á súa labor á frente da Alcaldía durante 36 anos.

Os populares mezcláronse con ducias de veciños e con alcaldes e portavoces do PP de toda a provincia no Pavillón Municipal de Deportes de Campo Lameiro, onde se desenvolveu unha comida, precedida de varios discursos e dun emotivo minuto de silencio na memoria de Samuel Redondo Barreiro, o mozo de 21 anos que faleceu esta semana nun accidente labora a escasos quilómetros do lugar deste encontro.

O líder dos populares non dudou en enxalzar a labor de Sayáns durante tres décadas de loita por dignificar e mellorar as condicións de Campo Lameiro como municipio rural, e, sobre todo, como capital da arte rupestre. No transcurso da celebración proxectouse un saúdo de Mariano Rajoy, ex presidente do Goberno, que felicitou ao rexedor pola súa xubilación.

O Partido Popular de Campo Lameiro, cuxo máximo representante, o alcalde Carlos Costa, estivo acompañado por todos os seus edís, quixo organizar un evento aberto, ao coñecer a boa relazión de Sayáns con toda a veciñanza e do valor que o xa exalcalde lle daría a este encontro.

Sayáns Bugallo que se encargou do último discurso da xornada, confesou levar sempre no seu corazón as mostras de cariño recibidas tanto nesta homenaxe como durante o seu paso pola Alcaldía. O exalcalde lembrou á súa familia, cuxa comprensión e apoio incondicional agradeceu en público e recibiu con cariño as mostras de respecto e cariño de varios colectivos e entidades socioculturais do municipio.

Comentarios