Ferida unha menor que sufriu un atropelo en Ponteareas

A moza necesitou asistencia médica
2018072518101897332
photo_camera 2018072518101897200

O 112 informou de que unha moza menor resultou ferida ao sufrir un atropelo en Ponteareas.

Segundo indica, pasados uns minutos das 22,15 horas deste venres, recibiuse a alerta do atropelo, que se produciu á altura do número 23 do Paseo de Matutino.

Segundo a chamada de alerta de varios particulares, a menor precisaba asistencia sanitaria urxente despois de ser alcanzada por un turismo.

O 112 informou os profesionais sanitarios, á Policía Local, aos GES-SPEIS de Ponteareas e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

DUMBRÍA. Outro operativo foi mobilizado en Bustelo, Dumbría (A Coruña), sobre as 2,26 horas, por mor dun accidente de tráfico que, segundo informou o SPEIS de Cee, saldouse sen feridos.

Un dos vehículos perdeu o control e chocou contra outro que estaba aparcado danando un poste de formigón da iluminación pública. Segundo indican, os efectivos mobilizados limparon a vía dos restos do accidente e sinalizaron o poste ata que se faga cargo persoal do Concello.
 

Comentarios