Un ferido en Moaña tras caer unha árbore enriba de dous vehículos

O vento foi o causante deste suceso
Imaxe do accidente. CRTVG
photo_camera Imaxe do accidente. CRTVG

A provincia de Pontevedra viviu este luns unha xornada de fortes ventos. En Moaña un home resultou ferido despois de que unha árbore caera sobre o seu vehículo.

A árbore tamén impactou sobre outro coche, quedando os dous turismos baixo ela. Segundo informa a TVG, un estaba circulando e o outro estacionado.