Fundación Meniños busca familias adoptivas no concello de Lalín

Un bebé agarra un dedo. DP
photo_camera Un bebé agarra un dedo. DP

Fundación Meniños busca familias adoptivas para o Programa de Adopcións Especiais no concello de Lalín. A agrupación pretende dar a coñecer a realidade do grupo de nenos, nenas e adolescentes que neste momento se atopan residindo en centros de protección á espera de ser adoptados, e que teñen unha maior dificultade para atopar unha familia por presentar necesidades especiais. Trátase, segundo explica, de maiores de 8 anos, grupos de irmáns e irmás, nenos e nenas con discapacidade ou enfermidade e, en xeral, calquera outra circunstancia que poida dificultar a súa adopción.

Por este motivo, o persoal técnico da fundación dará unha charla nas próximas datas para informar sobre o Programa de Adopcións Especiais, un servizo da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia que busca un fogar para que nenos e nenas con necesidades especiais poidan medrar nunha familia.

Comentarios