A I Festa da Emigración gusta en Ponte Caldelas

Máis de 20 hostaleiros de diferentes vilas da provincia de Pontevedra non dubidaron en tomar parte desta iniciativa en clave gastronómica

A Alameda de Ponte Caldelas acolleu este domingo a xornada de clausura da primeira edición da Festa da Emigración, un evento que, en vista da boa resposta que obtivo por parte de veciños e turistas, presumiblemente volverá a celebrarse nun futuro próximo.

Esta iniciativa, composta por máis de 20 hosteleiros, permitiu aos asistentes gozar dun amplo surtido de pratos típicos, para todos os gustos, acompañados dunha bebida básica, por un prezo de 5 euros. O evento contou con representación de cociñas tan variadas coma a galega, andaluza, alemá, arxentina, italiana, mexicana, chilena, ecuatoriana, uruguaya, francesa e brasileira, entre outras.

O último día da Festa da Emigración también estivo marcado polo protagonismo dos máis cativos, que tiveron ocasión de xogar cos inchables xigantes, tanto pola mañá como pola tarde, habilitados pola Administración municipal.

Comentarios