Opinión

Isto aburre de morte / Falando coa imaxinación

Isto aburre de morte 

Un gran bosque. Iso é o que podía verse dende a ventá do meu cuarto. Engaiolábame e distraíame case sempre cando me poñía a estudar un exame; desta vez, de matemáticas: fraccións e porcentaxes. O aburrimento dominoume e, xa que non podía concentrarme, collín o meu caderno de debuxo e decidín dar un paseo.

Non adoitaba mergullarme no bosque tan cedo, pero chamou a miña atención unha árbore na distancia; era alta dabondo, perfecta para acadar unha boa vista e encher o meu caderno de bosquexos.

Cando comezaba a rubir por ela, escoitei unha gargallada nas miñas costas. Xireime e vin a Tomás, un vello cazador da vila, agochado nun arbusto.

—Eu de ti baixaría —dixo—. As árbores levan o misterio no seu zume..., e nunca se sabe.

"Parvadas", pensei.

Aínda que lembrei que tiña que estudar, subín ás presas pola árbore.

De súpeto, escoitei un trebón e sentín que algo me queimaba o corpo; escalaba con dificultade e o corazón latexábame cada vez máis lentamente, ao tempo que o tronco se tinguía de sangue. Vin xente que se achegaba e observei a alguén morto a carón da árbore. Tomás sopráballe ao fume que saía da súa escopeta. Alguén entre a multitude berrou:

–Esperta, lacazán! Xa volves durmir coas contas! E o exame?!

–É que isto aburre de morte, mamá...!

Centreime. Xa case tiña o debuxo: a paisaxe perfecta. Tomás fuxía, cando a tinta vermella escorregou sobre o meu corpo...

Miguel Bouzas Rodríguez
CEIP Cabanas [Pontevedra]

Falando coa imaxinación

A familia Pérez é unha familia do barrio de Fornido. Xoán é un dos seus membros de menor idade xunto co seu irmán Carlos e a súa irmá Susana, cos que comparte as súas aventuras. Pero Xoán é diferente. Non se parece nada aos seus pais nin aos seus irmáns; eles senten atracción pola música e el pola pintura e dorme no sofá, mentres que todos dormen en camas. Ata que un día decidiu facer unha amiga.

Dende o primeiro momento en que a coñeceu, fan moitísimas cousas xuntos. Pasan todo o seu tempo libre facendo debuxos, creando experimentos ou charlando sobre novas ideas. Os dous souberan que ían facer algo que cambiaría a historia.

Cando Xoán se fi xo maior, foi un famoso pintor. Facíanlle preguntas, como cando empezou a pintar ou cales eran os seus pasatempos, pero a pregunta máis repetida foi sobre a súa mellor amiga que o fi xo triunfar e onde residía. El dixo que na obra de teatro desa noite, no museo, ía presentarse con ela.

Cando a lúa saíu por detrás do mar e comezou a brillar con moita forza, as portas do museo abríronse de golpe e apareceu Xoán completamente só. O público mirábao atento esperando unha explicación. Achegouse ao micrófono e comentou en voz alta que unha amiga como a súa hai que gañala a base de esforzo e compromiso, porque a mellor amiga que pode existir é a IMAXINACIÓN.

Pablo Brión Alvarado 
CEIP Emilia Pardo Bazán [Vigo] 

Comentarios