Un kamikaze percorre 13 quilómetros en dirección contraria pola A-54 e sofre un accidente

Varios condutores alertaron da presenza do temerario na autovía Santiago-Lugo
2019051912204037511
photo_camera Un tramo da A-54. GOOGLE MAPS

A Garda Civil investiga a un kamikaze que circulou este xoves de madrugada en sentido contrario pola A-54, que une Santiago e Lugo, durante máis de 13 quilómetros desde O Pino ata Arzúa. Fíxoo en dirección a esta última localidade, pero polos carrís que conducen á capital galega.

Tras recibir varias chamadas doutros condutores alertando da súa presenza, dúas patrullas do destacamento de Tráfico de Santiago desprazáronse ata a autovía con intención de interceptalo. Non foi necesario, pois o vehículo sufriu un accidente á altura do quilómetro 66,700 que puxo fin á súa temeraria acción.

O condutor, un veciño de O Pino, estaba dentro do coche cando o atopou unha das patrullas. Os axentes realizáronlle a proba de alcolemia e deu positivo con 0,91 mg/l na primeira proba e de 0,83 na segunda.

A Garda Civil atribúelle dous delitos, un por condución temeraria e outro por conducir baixo os efectos do alcol. O home será posto a disposición do xulgado de garda de Arzúa.

Comentarios