"Temos unha industria feble e os índices de lectura non axudan a que se fortaleza"

O responsable de 'O Garaxe hermético' explica a situación que viven os debuxantes galegos e españois 

Foto de arquivo de Kiko da Silva. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Foto de arquivo de Kiko da Silva. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

O CÓMIC mantivo nos últimos dez anos un valor constante cercano ao 2,5 porcento no que respecta ás ventas no mercado do libro español. Sen embargo, a cantidade de novedades mantívose en aumento ata o 2017, no que se acadaron as 3.800 publicacións inéditas.Pese a que no pasado ano se reduciron as novas obras de banda deseñada, este dato compénsase coas cifras de impresión de páxinas, as cales se incrementaron en case 3.000, alcanzando as 508.258 páxinas en 2018 segundo o Informe Tebeosfera.

Kiko da Silva, debuxante galego e director de O garaxe hermético, forma parte do escaso 10 porcento que conforma a produción nacional dentro do mercado español, posto que a industria se compón, na súa meirande parte, de traducións de obras extranxeiras.

Como atopa esta mellora na situación do cómic?

En España agora mesmo temos unha boa fornada de autores e de autoras, creo que a nivel creativo estamos mellor ca nunca, pero todo o que temos a este nivel aínda non se recuperou a nivel económico como naquela época dourada dos 70 e dos 80, a época das revistas. A problemática do noso país é que temos unha industria feble e os índices de lectura non axudan a que se fortaleza o suficiente. Temos que ver sempre cara o mercado internacional, actualmente un pode traballar dende Pontevedra ou de calquera lugar de España para o mundo sen ningún tipo de problema.

O cómic gaña espazo, pero están gañando tamén alumnos os cursos dirixidos a este tipo de arte? Non é que os estudos vaian a máis, senón que temos unha ocupación dos cursos do cen por cen. Cando comezamos (en O garaxe hermético) tíñamos 6 alumnos en semana e 16 en sábados, actualmente temos 36 en semana e os mesmos en sábados, é un gran cambio.Ademais, en O garaxe hermético graduáronse xa 30 rapazas,haberá que ver se cifras coma estas comezan a reflexarse pronto no número de artistas (mulleres) que chegan ao mercado do cómic.

Que estilo vai ter mellor acollida no mercado?

Non creo que sexa só un estilo, creo que o que pasa co cómic é que se está normalizando como medio. En España temos este problema dende o "boom" da novela gráfica. Este éxito fixo que o cómic se relacionase durante moitos anos coa infancia, porque a revista que tíñamos, a TBO, era unha revista infantil-xuvenil. A concepción de novela gráfica veu para normalizar todo eso. Levábamos moitos anos intentando outras fórmulas que diferenciaban o cómic adulto do que era o da infancia. Creo que o que nos vai suceder é que, así como fixemos por normalizar á banda deseñada para adultos, estámolo perdendo para os nenos. O que me preocupa é non ver interese polos autores e polos editores por aqueles que van ser os futuros consimidores de cómic, porque non hai suficiente produción para eses cativos, como non se lles dé un bo cómic feito para eles vanse ir a outras artes e podemos perder xeracións enteiras de futuros lectores.

Os videoxogos "indie" están acollendo moi ben a estética da banda deseñada, é esta unha porta aberta para seguir impulsando o seu auxe?

Son da mentalidade de crer que todas as artes creativas poden facer que consumamos máis culturas, da igual que sexa un videoxogo. Os videoxogos están cada vez máis ligados á banda deseñada probablemente porque os consumidores son os mesmos, cando un está xogando está buscando un estilo, un grafismo, interésanlle uns acabados... Hoxe en día temos un abano increíble de opcións de entretemento e temos que reinventarnos, por eso temos que fixarnos no que está pasando nos videoxogos, pero tamén no cinema, nas series e incluso temos que analizar o propio mercado no que se está traballando.

Que nos din esas análises do mercado en España?

Que o que preocupa do mercado nacional son os índices de lectura, implican que a xente non está escollendo a lectura como algo de lecer e a eso temos que reaccionar todos. Na lectura hai unha serie de inquietudes e de aprendizaxes que non se poden recibir de outra maneira. Vemos que esto nos pode deixar unhas novas xeracións menos inquietas, non menos intelixentes, senón máis conformistas. A lectura, soñar con mundos diferentes, provoca que creemos cousas que non temos.

Proxectos en marcha

"O ser humano necesita sorprenderse, buscar e darse conta de que non coñecemos todo"

Como nace este proxecto?

Manuel Lourenzo González acababa de presentarse ao Premio Xerais e pasárame o borrador da súa obra,había cousas que me apetecía adaptar. Anos máis tarde, meus pais déronme todo o que tiñan meu na súa casa e había un arquivador que fixera con 12 anos, no que había como 30 ou 40 fotos de pedras raras. No libro de Manuel unha personaxe explicabaque morrer é ir a un prado onde 
a herba está moi alta e as rochas flotan suavemente por encima dela. A partir de aí, con todo unido, comecei a documentarme.

Cal foi o resultado? Un relato de ciencia ficción cotiá, non hai naves espaciais, láseres nin viaxes no tempo, pero si hai cousas que van chamar a atención do lector. Esta historia fórmase a partir de moitas lendas que fun recopilando, galegas, de Australia, de Francia, de Portugal, etc., coas 
que fun hilbanando un argumento co que xogar co lector e facelo dubidar do que é ou non real.

Que pretende con esta obra?

O que eu quero é que descubramos o maravilloso que é o mundo no que vivimos e o pouco que o coñecemos, gustaríame provocar interese en visitar algún dos lugares coma se fose unha guía de viaxes. Creo que o ser humano necesita sorprenderse, buscar e darse conta de que non coñecemos todo.