Lembranzas da profesora Victoria Moreno

O IES Vilalonga acolleu a estrea dunha das obras escritas pola autora homenaxeada no Día das Letras Galegas, que traballou como mestra no centro educativo sanxenxino

María Victoria Moreno. EP
photo_camera María Victoria Moreno. EP

Que o instituto de Vilalonga fose o escenario elixido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para acoller a estrea, a nivel autonómico, da peza teatral Señora que pasea pola súa rúa dous cans preciosos non é froito da casualidade. Ao escoller o centro educativo sanxenxino para realizar a primeira representación, que forma parte do programa FalaRedes 2018, a Administración autonómica quixo facer unha chiscadela á súa autora, María Victoria Moreno, a quen este ano se lle adica o Día das Letras Galegas e que completou parte da súa traxectoria como mestra no popio instituto da vila da comarca do Salnés.

Así o lembrou este venres a concelleira de Educación, Paz Lago Martínez, que acompañou ao secretario de Política Lingüística, Valentín García, á estrea da peza teatral. "Este ano o Día das Letras Galegas vai ser moi especial para os veciños de Sanxenxo e, especialmente, para os alumnos do IES, posto que María Victoria Moreno foi unha das nosas mestras", explicou a edil do Partido Popular, quen, precisamente, tamén completou os seus estudos no centro educativo do lugar da Salgueira. Ela tivo ocasión de coñecer á autora que será homenaxeada o vindeiro 17 de maio. "Podemos dar fe do enorme labor que que realizou", subliñou.

Natural de Valencia de Alcántara (Cáceres), María Victoria Moreno naceu no ano 1941. Despois de completar os seus estudos en Madrid, onde se licenciu en Filoloxía Románica, a autora chegaría a Galicia a principios da década dos 60. Tras traballar como mestra en Extremadura e Cataluña, iniciou unha etapa profesional en Lugo, Peste venresvedra e Vilalonga. Pouco a pouco, Moreno foi namorándose da lingua galega e acabaría escribindo numerosas novelas xuvenís. Ademais, tivo a valentía de impartir clases de galego en plena dictadura franquista.

Durante a súa etapa como mestra en Sanxenxo, Moreno trasladouse a vivir á propia vila da comarca do Salnés

A súa andaina no IES da parroquia sanxenxina resultou moi especial para a mestra e escritoria de orixe estremeño. Tal e como afirmou o secretario de Política Lingüística, "Victoria colleulle moito cariño a Vilalonga". Proba disto é que nos anos nos que impartiu docencia no IES vivía en Peste venresvedra, pero finalmente optou por trasladarse a vivir a Sanxenxo, a pesar de que a distancia entre a vila turística e a capital da provincia non é excesiva (apenas algo máis de 20 quilómetros). Valentín García non dubidou á hora de asegurar aos alumnos do IES que gozaron este venres da representación de 'Señora que pasea pola súa rúa dous cans preciosos' que "vivides nun dos mellores lugares do mundo. Este é un auténtico paraíso", salientou.

DOBRE SESIÓN. Ademais, García confirmou que a peza teatral percorrerá toda Galicia. "A ela (en referencia á autora) teríalle encantado que a estrea fose en Sanxenxo", opinou. Quizais por iso, xa pola noite, o auditorio do Pazo Emilia Pardo Bazán acolleu unha segunda sesión da obra, unha cita que congregou a un gran número de espectadores. A entrada foi de balde.

Pola súa banda, Paz Lago Martínez agradeceu á Xunta de Galicia o feito de escoller Vilalonga para dar inicio a este 'tour' e tamén salientou a implicación non só deste centro educativo, senón tamén do IES Sanxenxo e o Colexio Abrente.

Por outra banda, a Administración municipal dará a coñecer proximamente as actividades que se desenvolverán na vila turística co gallo da celebración do Día das Letras Galegas.

Comentarios