Localizan a dous furtivos na Praia de Ostreira extraendo ilegalmente ameixa

Foron incautados un total de 19,5 kilos do produto, dos cales 15 kilos son de tamaño antirregulamentario
Material incautado. POLICÍA LOCAL
photo_camera Material incautado. POLICÍA LOCAL

Nun novo operativo especial de vixiancia desta fin de semana contra o furtivismo, a Policía Local de Poio e os Gardapescas da Cofradía de Pontevedra, localizaron na tarde do 6 de decembro dous furtivos na Praia de Ostreira extraendo ilegalmente ameixa. 

Os identificados son veciños de Poio, que contan con múltiples antecedentes tanto penais como administrativos por furtivismo.

Estes furtivos extraen o molusco en sacos e agóchano en diferentes puntos ou zulos, ou en coches vellos que compran para estes menesteres. Trátase dun grupo organizado, que tras extraer o molusco voltan con posterioridade o lugar para recuperalo e vendelo ilegalmente en bares e restaurantes. 

En moitas ocasións é imposible localizar o material. Este novo operativo foron incautados un total de 19,5 kilos de ameixa Japónica, dos cales 15 kilos son de tamaño antirregulamentario.

Operativo policial. POLICÍA LOCAL

Estos dias aumentou o traballo ilegal por parte dos furtivos xa que teñen mais demanda dos restaurantes que o compran de forma ilícita.

A actividade é constante todo o ano pero increméntase cando se achegan as épocas de celebracións, como pode ser agora para o Nadal.

Os dous furtivos serán de novo denunciados por un presunto delito contra a flora e a fauna, tramitando dobre vía, polo que se trasladan as infraccións administrativas ante os órganos competentes da Xunta de Galicia.