A loita polo desdobre no CEIP de Barcelos chega ao Parlamento

Familias afectadas de Barcelos, no Parlamento con Ana Pontón. BNG
photo_camera Familias afectadas de Barcelos, no Parlamento con Ana Pontón. BNG

Representantes das familias de 4º deInfantil do CEIP Praza de Barcelos asistiron ao Parlamento galego para rexistrar unha iniciativa a través do grupo do BNG na que se esixe a recuperación da liña que foi suprimida.

Alí foron recibidos pola portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e polo deputado Manu Lourenzo, Demandan á Xunta que se dote do persoal necesario ao centro e se recupere a liña eliminada, aludindo á situación especial deste curso provocada pola pandemia do coronavirus.

Este curso contaba ata o de agora con dúas liñas, pero as previsións iniciais de matrícula, 19 escolares, fixo que unha delas fora suprimida. «Pero, tal e como se agardaba, a matrícula incrementouse ata 23 nenos, acadando practicamente o máximo legal permitido», subliñan os afectados, que ven lóxico o desdobre nun curso coma este.

Comentarios