Máis cartos para promover a Igualdade

López Abella informa ós concellos de cómo tramitar unhas axudas que este ano suman 6,4 millóns de euros
A secretaria xeral de Igualdade (segunda pola esquerda), chegando ó encontro con representantes dos concellos da área da Delegación. DP
photo_camera A secretaria xeral de Igualdade (segunda pola esquerda), chegando ó encontro con representantes dos concellos da área da Delegación. DP

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, informou este lunes ós concellos dependentes da Delegación de Pontevedra da nova convocatoria de axudas para a promoción da igualdade, que este ano contan cun montante superior ós 6,4 millóns de euros, un 20% máis con respecto ás do ano 2019.

Na anterior edición, 56 entidades locais da provincia (entre concellos, consorcios, mancomunidades ou agrupación ou asociacións de concellos) recibiron case 1,5 millón de euros.

A convocatoria que se vén de publicar no DOG engloba catro programas: o de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar; o de promoción da igualdade e de prevención e tratamento da violencia de xénero; o de apoio aos Centros de Información á Muller (CIM); e unha cuarta iniciativa de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres. Este último programa está financiado ao abeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e os tres anteriores cofinanciados polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

Na primeira liña de axudas, o máximo que pode recibir unha entidade local é de 12.000 euros en solicitudes individuais e ata 22.000 euros se a xestión é compartida.

Para a segunda categoría, hai reservados 352.000 euros, e a contía máxima que pode recibir unha entidade local é de 10.000 euros no caso individual e de 20.000 euros se é unha solicitude conxunta.

O programa de apoio á rede de CIM existentes en Galicia, integrada por 82 centros dos que 26 son de Pontevedra (16 na área da Delegación) é a liña de maior dotación, cun orzamento de máis de 4,4 millóns de euros. Cada entidade pode recibir como máximo 45.000 euros.